Descripción
Cando Ariadna atopa o antigo plano do Palazzo Goldoni, un palacio veneciano, entre as ruínas dunha mansión coruñesa, viaxar á cidade dos canais convértese no seu obxectivo primordial. Recentemente graduada en Arquitectura, decide embarcarse nunha aventura que podería cambialo todo, á procura de desentrañar os segredos que ese mapa semella agochar.
Xa en Venecia, nun encontro fortuíto, crúzase con Ludovica, unha estudante de Lingüística coa que descubrirá un manuscrito oculto entre as ruínas do palazzo. Un achado que as pon tras a pista dunha enigmática esmeralda, desaparecida, envolta en mitos e tradicións renacentistas.
Mentres percorren rúas, pontes e palacios, avanzando en góndolas e vaporettos, non só se enfrontan aos desafíos das incógnitas que transcenden séculos, senón tamén aos propios de entregarse a unha conexión tan inesperada como poderosa: a dos seus propios corazóns.
Historia, arte e misterio mestúranse en ‘A xoia de Venecia‘ de José Ramón Ramos, onde o amor está no aire.
Motivos de lectura
💡Novela con romance de primeiro amor.
💡Misterios e lendas italianas.
💡Pés de páxina con historia, cultura e arquitectura de Venecia.
Autoría

(Erandio, 1957)
Axente de viaxes e delegado de vendas xubilado, aproveita a experiencia acumulada no sector turístico para recrear relatos onde as lendas populares, os misterios sen resolver e os recunchos secretos das cidades son os verdadeiros protagonistas. Transportarnos a lugares diversos e adentrarnos nas súas rúas e paraxes é o propósito deste autor vasco, que comezou a súa carreira literaria recentemente.
Guías de lectura
Este material está deseñado para acompañar a lectura educativa do libro e facilitar o traballo de reflexión, diálogo e análise na aula. Se es docente, podes descargar gratuitamente as guías en pdf e utilizalas na materia de Xeografía e Historia (1.º da ESO), así como noutras propostas de titoría, convivencia ou educación emocional.
As guías tamén poden empregarse como recurso para a reflexión individual ou para a dinamización de clubs de lectura e grupos de debate:
